ConcellosO BarcoÚltima hora

Cinco gatiños, na base do GES Valdeorras

 

Esta tarde entregábanlle aos bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras unha caixa  con cinco crías de gato das que, polo de agora, non hai ninguén que se faga cargo. Esta noite durmirán na base do GES no Barco, onde xa se lles deu alimento, e a partir de mañá farase cargo a protectora Patrulla Felina xa que esta tarde estaba saturada.

Se alguén está interesado en acoller estes gatiños poden poñerse en contacto coa protectora a partir de mañá.

Imaxes cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button