CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cinco grupo galegos no II Festival Rock&Anllo

Está programado para o vindeiro sábado 16 de xullo
Detalle do cartaz.
Detalle do cartaz.

Por segundo ano consecutivo o campo da festa de Anllo Santo Estevo, en Sober, converterase en xullo en escenario do Festival de Rock&Anllo. Será en concreto o sábado día 16 de xullo e nel participarán cinco grupos galegos.

Así o público asistente poderá desfrutar coa actuación de tres bandas monfortinas: ‘Coolflanders’, ‘Black Vintage’ e ‘Lapanaback’. Tamén se subirán ao escenario o dj local ‘nachomorales D.J ’ e o grupo ‘blind drunk and blue’.

Este conxunto de concertos de rock con estilos moi diferentes será gratuíto. Co festival colabora o Concello de Sober. O alcalde deste municipio, Luis Fernández Guitián, anima a «todos os mozos e mozas da comarca e aos turistas que estean de visita na zona a participar neste evento musical que xa vai pola súa segunda edición».

Artigos relacionados

Back to top button