DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Cinco medallas para o Sincro Ourense no galego de base de verán de natación artística

A ourensá Alejandra Baliñas conseguiu a medalla de prata de base III na liga de figuras

Máis de 300 deportistas de 12 clubs galegos participaron no campionato galego de verán de natación artística (categorías de base I, base II e base III), celebrado o pasado sábado na Piscina Gómez Noya de Ferrol. Unha competición na que o Club Sincro Ourense estivo representado en todas as categorías conseguindo un ouro, tres pratas e un bronce, ademais dun cuarto e un quinto posto.

En categoría de base I, as máis pequenas da competición, o club ourensán presentou un combo formado por oito nadadoras que finalizaron en quinta posición. En base II o Sincro conseguía a medalla de prata en rutina libre combinada e medalla de  bronce en rutina libre de equipo. E xa en categoría de base III, as ourensás presentaron dúas rutinas de equipo libre coas que conseguían un 2º e un 4º posto; e unha rutina libre combinada coa que subían ao máis alto do podio.

Nesta xornada entregáronse ademais as medallas ás tres primeiras clasificadas en cada categoría na liga de figuras de base que se disputou ao longo da tempada. En categoría de base III, a ourensá Alejandra Baliñas conseguiu a medalla de prata.

Artigos relacionados

Back to top button
Close