CulturaEducaciónÚltima hora

Cinco novos centros públicos da provincia, no Plan de mellora de bibliotecas escolares

Tres pertencen ao Concello de Ourense, e os outros dous a Amoeiro e a Nogueira de Ramuín

 

Cinco novos centros públicos non universitarios da provincia veñen de engadirse ao Plan de mellora de bibliotecas escolares. Estes serán no Concello de Ourense, o CEIP Curros Enríquez, o CEIP de o CEIP de Práct. da E.U. de Form. do Prof. de E.X.B., e o IES Universidade Laboral. Así, no Concello de Amoeiro será o CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo, e no de Nogueira de Ramuín, o CEIP Plurilingüe de Luíntra.

En total formarán parte do PLAMBE este curso un total de 705 centros públicos de toda Galicia. Na provincia de Ourense serán 72 centros públicos os que participen nesta iniciativa.

A dotación total asignada, para os centros de nova incorporación e para os de continuidade, ascende a 1.374.700 euros. As asignacións para as novas incorporacións estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento. No caso dos centros de continuidade, poderán destinar as asignacións a fondos, a mobiliario e outros equipamentos ou a gastos de funcionamento específicos da biblioteca, en función do ano no que se integraran no Plan.

Artigos relacionados

Back to top button