ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Cinco obradoiros de formación gratuítos en San Xoán de Río

Publicidade

 

Dende o Concello de San Xoán de Río vén de informarse dunha serie de accións formativas de carácter gratuíto que se impartirán no municipio. Serán un total de cinco e as persoas interesadas en asistir deberán anotarse antes do martes 21 de setembro.

Os cursos que se impartirán serán os seguintes:

1.- Informática (Formación dixital para maiores de 55 anos). Cederaselle unha “Tablet” a cada participante e o curso durará ata Xuño de 2022.
2.- Reforzo escolar. Os nosos cativos que así o desexen os seus pais terán clases de reforzo. Durarán ata fin de curso.
3.- Carné de conducir teórico, “pagarémoslle a parte teórica, taxas do 1º examen e psicotécnico”, segundo o Concello.
4.- Carné de manipulación de alimentos: Curso de 8 horas.
5.- Carné de manipulación de produtos fitosanitarios: Curso de 15 horas.

“Volvemos insistir, son totalmente gratuítos. É necesario un mínimo de 5 persoas para realizar todos os cursos salvo o do carné de conducir”, matizan dende o Concello de Río.

Artigos relacionados

Back to top button