A GudiñaConcellosÚltima hora

Cinco persoas resultan feridas nun accidente de tráfico na A-52, na Gudiña

 

En torno ás 14h. deste luns 20 de xullo producíase un accidente de tráfico na A-52 á altura da Gudiña. Segundo a información recollida no 112 Galicia, chocaban un turismo e unha furgoneta da Autovía das Rías Baixas en sentido Madrid.

Como consecuencia do sinistro, cinco persoas resultaban feridas de diversa consideración, polo que foron atendidas polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. “De feito, un equipo médico acudiu ao lugar do accidente a bordo do helicóptero con base en Ourense co fin de axilizar os traslados”, segundo informa o 112 Galicia.

Igualmente, necesitaron da colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico para organizar a circulación e facilitar a actuación dos equipos sanitarios. Tamén se mobilizaba ao GES da Gudiña.

Artigos relacionados

Back to top button