DeportesÚltima hora

Cinco podios para a Escola Deportiva de Trives no I Trofeo CD A Purísima, en Pereiro de Aguiar

Publicidade

 

Os atletas da Escola Deportiva de Trives, que adestra Tino Sierra, seguen facendo gala do seu talento. Neste 15 de maio participaban no I Trofeo C.D. La Purísima – Concello de Pereiro, celebrado nesta localidade ourensá, cuns destacados resultados

Así, nesta cita os atletas triveses (que compiten coa camiseta do Club Adas do Barco) lograban subirse cinco veces ao podio: Valentina Vermeersch ganaba en altura Sub10, cunha marca de 0.92, e quedaba terceira nos 50ml cunha marca de 9.45; mentres  Martín Rodríguez era segundo en peso Sub10 e Pablo López conseguía tamén un bronce nos 50 ml Sub10 cun rexistro de 9.38, ademais Marcos Basalo facíase cun segundo posto en lonxitude Sub12 con 3.38, sendo cuarto nos 60ml. cunha marca de 10.37.

Ademais, Antón Prieto clasificábase o sexto da súa serie nos 500m Sub10 cunha marca de 2:08.00.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button