DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Cinco podios para o Peña Trevinca Barco en orientación

Os deportistas ourensáns destacaron no II Memorial “Patxi Arufe” desputado na Coruña

A provincia de Ourense “segue progresando nas categorías menores conseguindo podios como resultado do gran traballo que veñen realizando os clubs Peña Trevinca de O Barco de Valdeorras e A.D. Limiactiva de Xinzo de Limia, onde a aposta polas categorías base vai dando os froitos ano tras ano”, aseguran dende a Federación Galega de Orientacion de Ourense.

Unha mostra desta afirmación témola nos resultados colleitados no II Memorial “Patxi Arufe” de orientación desputado na fin de semana do 7 e 8 de novembro na cidade de A Coruña, organizado por Apa Liceo La Paz e valedeiro para a liga galega de orientación.

Tal como adiantan dende a Fegado, a proba contou coa participación de 300 orientadores de toda Galicia, dos cales 15 eran representantes ourensáns. Por parte do Club Peña Trevinca Barco Aldán Trigo Vázquez era 1º en iniciación curta e Alberto Camba Rodríguez 3º en iniciación longa. E xa por categorías, Milagros Aller Pfirter e Alba Osorio Míguez ámbalas dúas do Trevinca Barco, eran 2ª e 3ª respecivamente en M-14; Irene Morales Jiménez do Limiactiva, 1ª en M-18; Iago Trigo Vázquez (Trevinca) 1º en H-12; Raúl Nogueira Gómez (Trevinca), 5º en H-14; e Martín Morales Ferreiro (Limiactiva) e Xan Trigo Recarey (Trevinca), 4º e 5º respectivamente en elite.

Artigos relacionados

Back to top button