ConcellosÚltima hora

Cine, contacontos, rutas e obradoiros en Viana para celebrar o Día Internacional da Muller

O Concello ten organizado un amplo programa de actividades que se desenvolverá ao longo do mes de marzo

Con motivo da conmemoración do “DÍA INTERNACIONAL DA MULLER”, o 8 de marzo, o Centro de Información á Muller e o Concello de Viana do Bolo teñen programadas unha serie de actividades pensadas para todas as idades co “obxectivo de concienciar e sensibilizar á veciñanza sobre a importancia de promover e acadar a igualdade real”.

Un dos principais obxectivos das actividades que se propoñe, destacan os seus promotores, “é o de promover a igualdade e previr o machismo dende a educación dos/as nenos/as e mozos/as, e por iso moitas das actividades están destinadas ao alumnado dos centros de ensino”.

Entre as propostas haberá cinema, contacontos, obradoiros infantís e ata un monólogo con tono humorístico da man de Isabel Risco.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close