CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cine, música, ludoteca e cabalgata de Reis, no Nadal de Viana do Bolo

 

O Concello de Viana do Bolo vén de presentar a súa programación de Nadal, que se enceterá o vindeiro 18 de decembro coa estrea do documental “Pegadas”. O programa inclúe ademais ludoteca de Nadal (22 de decembro-4 de xaneiro), a instalación do buzón “Carteiro de soños”, o belén vivinte do Barrio de Belén (26 de decembro), a visita dos Bolechas con “O crebanoces” o día 29, o concerto de Nadal da Asociación Candea o día 30 de decembro, a proxección do file “Cuñados” o 2 de xaneiro, inchables no pavillón (do 2 ao 5 de xaneiro) ou a tradicional cabalgata de Reis o día 5, entre outras propostas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button