CulturaCulturaÚltima hora

Cine social e reivindicativo na competición oficial do 19 OUFF

O acto de presentación desta nova edición do festival de cine ourensán tiña lugar na mañá do 6 de novembro
Acto de presentación do 19 OUFF.
Acto de presentación do 19 OUFF.

Esgótase a conta atrás para a 19ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), unha “cita que facilita o encontro entre os espectadores e unha ampla oferta de proxeccións internacionais que axuda á promoción do cine galego”, en palabras do alcalde ourensán, Agustín Fernández. Pronunciábaas na presentación deste evento cultural, celebrada na mañá do 6 de novembro.

O OUFF arrancará o 15 de novembro coa estrea do filme “A Esmorga”, adaptación da novela homónima de Eduardo Blanco Amor e con dirección do valdeorrés Ignacio Vilar. Terá como sede principal o Auditorio Municipal, se ben a ela sumaranse outros tres espazos: o Teatro Principal, o Centro Cultural Marcos Valcárcel e o Centro Cultural Ánxel Valente, onde terán lugar as Sesións
lixeiras, unha das actividades estreadas este ano. Así o confirmaba o coordinador de programación, César Silva.

E sobre as dez películas en competición oficial apuntaba que nelas “predomina o cine social e que reivindica os dereitos humanos e a multiculturalidade”. Tratáse, engadía, dunha escolla de filmes que reflicten nas súas liñas argumentais “problemáticas, emigración, relacións de parella ou a busca da propia identidade” e que farán que o público se identifique perfectamente dende o primeiro momento.

Nesta rolda de prensa tamén se desvelaban os nomes dos membros do xurado desta 19 edición. Nel hai unha notable presenza galega, tal e como sinalaba Nora Sola, a directora do festival. Así os representantes do sector audiovisual que decidirán o reparto das Calpurnias este ano serán Toni d’Angela, crítico e programador de cine; Teresa Fernández Valdés, unha das cinco showrunners máis poderosas de Europa e cofundadora de Bambú Producciones; Carlos Iglesias, actor, guionista e director; Isabel Blanco, actriz e
presentadora; Xavier Villaverde, director, realizador, guionista e cofundador de Continental Producións; e Moncho Lemos, xornalista cinematográfico e crítico musical.

Artigos relacionados

Back to top button