OurenseÚltima hora

O Cineclube Padre Feijóo arranca o seu ciclo “Imaxinario” o 10 de xaneiro

“The Square”, do director sueco Ruben Östlund inaugura este novo ciclo
Fotograma de “The Square”.

O Cineclubre Padre Feijoo inicia o novo ano co Ciclo IMAXINARIO: nove películas recentes que recollen como o imaxinario colectivo en distintas realidades consegue manipular o real e o rutineiro con distintos resultados que poden mesmo transcender  o noso día a día. Dende Xapón, Suecia, Francia, Brasil e UK, e con varios premios en Cannes e Berlin, entre outros Festivais.

O director Sueco Ruben Östlund será o encargado de abrir este ciclo o vindeiro mércores, 10 de xaneiro, co seu filme “The square” ( A praza). Unha comedia protagonizada por Christian, mánager dun museo de arte contemporánea, que se encarga dunha exhibición titulada “The Square” na que hai unha instalación que fomenta valores humanos e altruístas. Cando contrata a unha axencia de relacións públicas para difundir o evento, a publicidade produce malestar no público.

A proxección será na Biblioteca Pública de Ourense – Casa da Cultura o 10 de xaneiro en dous pases: ás 18:00 e ás 21:00 horas. A entrada terá un custo de 4 euros para asociados e 5 euros para o público xeral.

Artigos relacionados

Back to top button