CulturaCulturaÚltima hora

“Cinema no Cu do Mundo”, en Viana do Bolo nesta fin de semana

Trátase dun ciclo organizado polo Cineclube A Lanterna que busca achegar diferentes miradas cinematográficas sobre a vida “lonxe da civilización”
Imaxe dun dos filmes que se proxectarán.

Ao longo de tres días, do 24 ao 26 de novembro, o Cineclube A Lanterna organizará en Viana do Bolo o ciclo “ Cinema no Cu do Mundo”. Nel poderán verse catro propostas ben diferentes: “In to the wild” de Sean Penn o día 24 de novembro ás 21h. na Casa da Cultura, o filme de animación “A tartaruga vermella” ás 17:30 o día 25 e ás 21h. “Viagem ao princípio do mundo” de Manuel de Olivera; e o día 25 ás 21h. “RAMS. O Val dos carneiros” de Grímur Hákornarson.

“Nos catro filmes que proxectamos o lugar en que transcorre o filme é protagonista. Todos eles enfocan, desde distintas perspectivas, a vida lonxe do centro, lonxe da civilización. Gandeiros islandeses que teñen que defender o seu modo de vida fronte o seu propio goberno, mozos hastiados da vida burguesa que procuran a “salvación” na salvaxe Alaska, aldeas que morren no Gêres ou a perfeita conxunción entre humano e natureza nunha illa deserta no media de algún oceano…”, comentan dende o Cineclube A Lanterna.

 

Programa do ciclo.

Artigos relacionados

Back to top button