CulturaCulturaÚltima hora

Cinemas de Galicia, en Verín

Entre o 19 de setembro e o 22 de novembro proxectaranse seis filmes na Casa da Cultura
O tenente de alcalde e a concelleira de Cultura de Verín.
O tenente de alcalde e a concelleira de Cultura de Verín.

Dentro da programación de Outono en Verín do circuíto de exhibición cinematográfica Cinemas de Galicia, o Concello proxectará entre mañá sábado 19 de setembro e o domingo 22 de novembro, seis películas na Casa da Cultura. Así o anunciaron a concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, na presentación feita o mércores na casa consistorial.

A programación comezará este sábado ás 20 horas, coa proxección da película galega “Encallados”. Primeira longametraxe do director Alfonso Zarauza (Os fenómenos) trátase dunha comedia, para maiores de 12 anos, sobre o cine dentro do cine. A primeira parte do ciclo rematará o domingo día 4 de outubro coa exhibición, ás 19 horas do filme, para maiores de 16 anos “As altas presións”, un drama sobre o cine dentro do cine.

Cartaz do ciclo Cinemas de Galicia.
Cartaz do ciclo Cinemas de Galicia.

Nas tres primeiras fins de semana de novembro, a Casa da Cultura acollerá o segunda parte do ciclo Outono de Cinemas de Galicia. Comezará o sábado, día 7 ás 20 horas coa proxección de “Le Week-End”, unha comedia romántica inglesa autorizada para maiores de 12 anos. O sábado seguinte, día 14, tamén ás 20 horas, proxectarase a película “9 ondas”, un filme para maiores de 18 anos, que indaga sobre a identidade a partires do concepto de fronteiras abertas e mutables.

Cinemas de Galicia 2015 rematará en Verín o domingo día 22 ás 19 horas coa proxección da película “Guillaume y los chicos, ¡a la mesa!”, un filme, autorizado para maiores de 7 anos.

Todas as películas que se proxectarán en Cinemas de Galicia teñen un prezo de entrada de 3 euros.

Artigos relacionados

Back to top button