DeportesGalerías de fotosPescaÚltima hora

Cita autonómica de pesca no encoro de San Martiño, na Rúa

18 pescadores de Ourense, Pontevedra e A Coruña participan no primeiro día do campionato de auga doce

 

Nova xornada de pesca no paseo do Aguillón, na Rúa. Menos de dúas semanas despois de celebrarse o selectivo da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras, o encoro de San Martiño acolle unha nova competición de auga doce, desta volta a nivel galego.

En torno ás dez da mañá deste sábado 10 de xullo, un total de 18 pescadores das provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña comezaban a primeira manga do Campionato Autonómico de Auga Doce. Con parada dunha hora para xantar, a competición retomarase ás dúas da tarde coa segunda manga, ata as 18:30 horas.

Para hoxe tamén estaba previsto o campionato na categoría Xuventude pero non houbo ningún inscrito co cal non se celebrou.

O segundo día da competición absoluta será o vindeiro 31 de xullo en Santa Cruz de Arrabaldo. Ese día proclamarase ao campión autonómico 2021 e farase a entrega de premios.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button