En portadaÚltima hora

Cita co cordeiro, mañá no polideportivo de Larouco

O xantar comezará en torno ás 14h. e contará con animación muscial
Servindo o xantar na anterior edición da Festa do Cordeiro en Larouco. /Foto: Carlos G. Hervella.

As gastronómicas son sen dúbida as festas máis populares en Galicia, sendo moi numerosas as que se desenvolven aolongo do ano. Centrándonos nas que teñen á carne como protagonista, son moias as que se suceden ao longo e ancho do oriente ourensán. Despois das de inverno (Cocido en Piñeiro, Codillo na Rúa, Botelo no Barco, Androlla en Viana e Cabrito en Vilariño de Conso) e da que poñía fin a Coresma (Vitela no Bolo), en maio tocaralle o turno á do Cordeiro en Larouco.

A XIII edición desta festa celebrarase o vindeiro 12 de maio a partires das 14h. seguindo a mesma liña de todos os anos. Coma sempre a xuntanza terá lugar no pavillón de deportes, acondicionado para a ocasión coma se dun gran restaurante se tratase. Un ano máis será a empresa Mantesil quen se encargue de organizar o evento promovido dende o Concello, e con respecto ao menú, comezarase cunha boa ración de entremeses e empanada, para continuar co prato forte do xantar, o cordeiro asado no forno da panadería do pobo, acompañado dunha boa ensalada. De postre bica, e para beber, viño da comarca, café e licores, sen esquecer o pan. O apartado musical correrá por conta dunha charanga, pendende de confirmar e que amenizará o ambiente antes e despois do xantar, podendo incluso botar un baile. Ademais haberá unha discoteca móbil para que a festa non decaia.

Artigos relacionados

Back to top button