Publicidade
OurenseÚltima hora

Cita co fútbol base esta fin de semana no VII Memorial Manolo Carrera, en Ourense

No campionato, organizado polo C.D. Velle, participarán máis de 400 rapaces das categorías prebenxamín e benxamín
Presentación do memorial.

Adicado á figura de Manolo Carrera “un home que adicou a súa vida a traballar polo deporte base”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, está o memorial que esta fin de semana celebra a VII edición da man do Club Deportivo Velle.

O campionato celebrarase nas nstalacións municipais de Monte da Aira e participarán máis de 400 rapaces. O sábado terá lugar a categoría prebenxamín e o domingo, 30 de setembro, será o turno dos benxamíns.

Entre os 32 equipos participantes atópanse algunhas das mellores escolas de fútbol base de Galicia, como a do Celta de Vigo, o Deportivo da Coruña, o Club Deportivo Lugo ou o Club Deportivo Coya. A presenza internacional correrá a cargo do Grupo Desportivo de Chaves. Xunto a eles xogarán os rapaces que están a nutrir as categorías base do fútbol provincial.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close