CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cita co hard rock en galego en Vilar de Santos e Celanova

Os John Deeres actuarán nesta fin de semana nestas dúas localidades ourensás
Os John Deeres durante un ensaio./ Foto:  Alberte Peiteábel.
Os John Deeres durante un ensaio./ Foto: Alberte Peiteábel.

En formato acústico chega a terras ourensáns o hard rock galego da formación estradense Os John Deeres. A primeira das actuacións está programada na Arca Da Noe en Vilar de Santos. Será o vernes 11 de marzo ás 22:00 h. Ao día seguinte terán un novo concerto, desta volta ás 13 h. na Burguesiña (Celanova), presentando o vermú Povarelo, elaborado no Carballiño.

Nas dúas citas a banda combinará “o seu repertorio propio con versións de clásicos roqueiros preparados para a ocasión, de AC/DC a Neil Young e de Johnny Cash aos Red Hot Chilli Peppers”, adianta.

Artigos relacionados

Back to top button