CulturaCulturaÚltima hora

Cita co teatro en Trives o 28 de agosto con “Bicos con lingua”

Esta obra, da compañía Talía Teatro, representarase ás 20h. na praza da Igrexa con aforo limitado

Unha das escenas de “Bicos con lingua”./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

A partir das 20h. do venres 28 de agosto a praza da Igrexa da Pobra de Trives converterase en escenario. Acollerá, cun aforo limitado, a representación de “Bicos con lingua” de Talía Teatro. Trátase dun alegato en defensa da cultura e da lingua galega en clave de humor, protagonizado por Toño Casais e Artur Trillo.

A peza, con dirección de Avelino González, presenta cun ritmo moi áxil media ducia de situacións cuxa protagonista é a lingua galega e o complexo momento sociolingüístico que vive.

Esta obra, que se estreaba no 2003 e que leva dende entón en cartel, ten textos de varios autores: Avelino González, Cándido Pazó, Xavier Lama, Suso de Toro, Ana Iglesias, Manuel Núñez Singala e Marta Etxebarría.

 

Artigos relacionados

Back to top button