ConcellosÚltima hora

Cita coa Bica de Trives o domingo 2 de agosto

O xantar celebrarase na Finca da Barreira a partires das dúas da tarde
Asistentes á pasada edición da Festa da Bica de Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á pasada edición da Festa da Bica de Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.

Un ano máis A Pobra de Trives prepárase para homenaxear ao seu postre estrela, a bica, cunha festa que se celebrará o domingo 2 de agosto.

Trátase dunha cita gastronómica que terá lugar na Finca da Barreira de Trives a partires das 14h. O menú estará composto por empanada de carne e tamén de bacallau, tenreira galega (tenreira ecolóxica de razas autóctonas producida por BIOCOP-Sociedade Cooperativa Galega-), con pementos e patacas, bica (o doce e manteigado postre) e licor café. O prezo da entrada será de 13 euros por persoa.

O festexo estará amenizado musicalmente por un pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Os Trintas. E xa na hora da comida, a música será por parte da Charanga Nova Terras de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button