ConcellosEn portadaÚltima hora

Cita coa freba, esta noite en Petín

A festa gastronómica comezará a partires das nove da noite na carpa a carón da Casa da Cultura

Asistentes á pasada edición da Festa da Freba en Petín./ Foto: Carlos G. Hervella.

A XIX edición da Festa da Freba de Petín celébrase hoxe, venres día 7 de decembro, en plena ponte da Constitución, nas inmediacións da Casa da Cultura (antigo Teleclub).

Seguindo o mesmo formato dos últimos anos, a cita gastronómica terá lugar a partires das nove da noite, na carpa instalada e acondicionada para a ocasión, onde os asistentes poderán degustar un exquisito menú que comezará cun consomé fumegante seguido dun bo chourizo cocido e xa despois a freba, a fartar. De postre a tradicional ucheira elaborada pola panadería Querol que tamén se encarga do pan. Ademais de viño, tamén a esgalla, e por suposto os licores. O prezo das entradas mantense nos 10 euros, entregándose a cada asistente (entre os que cada ano hai máis xuventude), unha cunca de barro e unha navalla con coitelo e garfo.

O apartado musical da velada correrá a cargo de Disco Stuu que será quen de encarge de amenizar a festa trala cea “ata que o corpo aguante”.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button