ConcellosÚltima hora

Cita coa maxia de Javier Muro o venres 19 de outubro no Barco

Este ilusionista presentará o seu espectáculo “Sintonía máxica” ás 20h. no Teatro Lauro Olmo
O mago Javier Muro, nun espectáculo./ Foto: www.javiermuro.es.

A arte do ilusionismo chegará ao Teatro Lauro Olmo do Barco o vindeiro venres 19 de outubro ás 20h. da man do mago Javier Muro. Sobre este escenario presentará o seu espectáculo “Sintonía máxica”, pensado para público familiar e incluído na Rede de auditorios de Ourense (ReaOu).

Este mago define esta proposta como un cóctel formado “polo humor e as situacións cómicas e divertidas, pola participación do público como improvisados axudantes e a música seleccionada para crear un ambiente moi máxico, dando lugar á creación de verdadeiros milagres. Maxia e humor ao 50%”.

Artigos relacionados

Back to top button