ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Cita coa música no “Castelo Son”, os sábados de xullo en Viana do Bolo

Publicidade

 

O verán de Viana do Bolo estreará unha nova proposta cultural neste mes de xullo. Trátase do “Castelo Son”, un festival “musical de recente creación co que tratamos de incrementar e variar a oferta musical do noso concello, traendo ata Viana estilos como a música clásica, o jazz, o blues e o folk”, tal e como vén de informar o Concello de Viana do Bolo.

No seu programa contarase con grupos de música e “artistas galegos de calidade, que actuarán nun entorno máxico como é a nosa Torre da Homenaxe, ou Castelo”, adiantan dende o Concello.
.
As actuacións están previstas para os sábados 17, 24 e 31 de xullo ás 23:00h. O aforo será limitado e as prazas reservaranse por orde de chegada. “Durante os vindeiros días iremos ampliando a información sobre os grupos participantes e as actividades que xirarán en torno ao “Castelo Son”, apunta a organización.

Artigos relacionados

Back to top button