En portadaÚltima hora

Cita coa XXVIII Mostra do Mel de Quiroga

No seu recinto feiral, que se abrirá ao público ás 12 h. deste sábado 10 de agosto, poderá catarse o mel de oito apicultores deste municipio lucense
Imaxe da pasada edición da Mostra do Mel de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

O recinto da XXVIII Mostra do Mel de Quiroga inaugurarase ás 12h. do sábado 10 de agosto. Estará situado na rúa central da localidade e nel poderán catarse e mercarse os meles de oito apicultores: Isabel Marcos (A Ponte Rodela), Manuel Macía (As Estradas), Ángel Gómez (Paradapiñol), Manuel Rodríguez (Centeais), Pedro Soto (Ibedo), Manuel Macía (Quiroga), Rubén Figueroa (Sequeiros) e Iria Carballedo (San Vitorio).

Así o público terá a posibilidade de probar diferentes tipos deste doce produto, e, dese xeito, contrastar a súa singularidade, matices e gran calidade. Nesta mostra tamén acostuman instalarse postos doutros produtos gastronómicos tradicionais de Quiroga como aceites, licores ou marmeladas artesás.

Este evento, que se desenvolverá durante a mañá, estará amenizado pola actuación do grupo local de gaitas “O Recanto”.
A Mostra do Mel é unha cita xa tradicional de agosto en Quiroga, que se fai coincidir coa feira e mercado do mes, que atrae a numerosas persoas. Ademais forma parte dos actos das Festas do Verán desta vila lucense.

 

Artigos relacionados

Back to top button