EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Cita coas ofertas no VII Mercaberto do Barco

Nesta cita comercial e lúdica, que se desenvolverá no Malecón os días 21 e 22 de agosto, contará con 16 expositores
Cartaces do VII Mercaberto, no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Cartaces do VII Mercaberto, no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Multitude de produtos a bo prezo, música e obradoiros infantís. Estes os principais ingredientes do VII Mercaberto que converterá o Malecón barquense os días 21 e 22 de agosto nun espazo comercial ao aire libre. Nel contarase con 16 expositores, dos cales 14 serán de establecementos comerciais valdeorreses. Desta volta os participantes serán Moral Zapatería, Can-Can, Murciego, Varadero, Artesanía Cousanosa, Boutique Marina, Novedades Maribel, Mis Personajes, Fíos Moda, Ton y Son, Confecciones Elena, Super Onda, Perfumería-Droguería Damas Escuredo e Laurarte. E, como en anos anteriores, contarase cun par de postos de asociacións benéficas, como é o caso dos de Asfaval e Asociación Agaela. Así o adiantaba o presidente do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Ángel Álvarez, na presentación do programa deste evento na mañá do 12 de agosto.

O presidente do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Ángel Álvarez, na presentación do programa desta mostra de oportunidades./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O presidente do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Ángel Álvarez, na presentación do programa desta mostra de oportunidades./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O Mercaberto porase en marcha na tarde do 21 de agosto ás 18h. e os seus stands permanecerán abertos ata as once da noite. De seguido, e como peche desta primeira xornada, está prevista ás 23h. a actuación musical “Grupo Son de Vigo”.

Ao día seguinte, 22 de agosto, o Mercaberto empezará a funcionar xa de mañá, a partires das once e ata as dúas da tarde. A mostra proseguirá pola tarde entre as 18h. e as 23h. Ademais da exposición e venda de produtos, ás 19h. haberá obradoiros dirixidos aos máis pequenos no recinto feiral. Faranse asemade sorteos de 40 vales de compra de cinco euros cada un e doutros agasallos nos dous días do certame. Estes sorteos terán lugar no mesmo recinto do Mercaberto durante a feira.

Esta iniciativa está promovida dende O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) en colaboración co Concelle e nela confíase en repetir o éxito de público e vendas de anos anteriores.

Artigos relacionados

Back to top button