CulturaCulturaÚltima hora

Cita coas Perseidas en San Lourenzo de Barxacova (Parada de Sil), o 13 de agosto

 

Desfrutar do espectáculo do ceo nocturno dende o municipio de Parada de Sil, na Ribeira Sacra ourensá. E nunha noite como a do 13 de agosto para gozar das bágoas de San Lourenzo ou Perseidas. É a atractiva proposta que lanza a Fábrica da Luz, co patrocinio do Concello de Parada de Sil.

Esta actividade de observación nocturna, cun guía especializado, está prevista para o vindeiro venres a partir das 23:15h. en San Lourenzo de Barxacova (Parada de Sil).

Esta iniciativa está pensada para un grupo reducido e para asistir será preciso inscribirse no correo electrónico info@afabricadaluz.com ou ben a través do WhatsApp no número 696 48 19 87.

Artigos relacionados

Back to top button