En portadaMicoloxía

Cita cos cogomelos en Trives

Do 31 de outubro ao 1 de novembro o Club Montaña Trives organizará na vila as súas XVI Xornadas Micolóxicas
Imaxe de cogomelos./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe de cogomelos./ Foto: Carlos G. Hervella.

Conferencias, saídas, exposicións e degustacións. Son as principais actividades incluídas nas XVI Xornadas Micolóxicas que organizará o Club Montaña de Trives do 31 de outubro ao 1 de novembro. O programa comezará o sábado día 31 ás 9:30h. cunha charla no Auditorio Julio Vázquez de Trives coa presenza de catro micólogos ourensáns, ás 11h. darase paso á práctica micolóxica cunha saída ao campo para recoller cogomelos. A organización aconsella levar cesta, navalla e roupa impermeable.

Xa pola tarde (entre as 16:30h. e as 18h.) as pezas recollidas serán identificadas e clasificadas na praza do Reloxio. E xa pola noite, ás 21:30h. terá lugar unha cea menú a base de cogomelos no Hostal La Viuda. Ademais, ao longo da xornada do domingo 1 de novembro poderá visitarse (de 10h. a 13:30h. e de 16:30h. a 20h.) unha exposición de cogomelos.

A inscrición para a charla e a recollida de fungos é gratuíta, pero aquelas persoas interesadas en participar na cea deberán abonar 20 euros no caso de ser socios do Club Montaña Trives ou ben 25 euros e non o son. A inscrición na cea pode facerse a través do correo club.montana.trives@gmail.com ou na oficina de Turismo de Trives. A data límite para facelo será o 26 de outubro.

Estas xornadas serán organizadas polo Club Montaña Trives en colaboración co Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button