DeportesÚltima hora

Cita do Fluvial Barco no Descenso do Miño de Ourense

A proba, que se celebra unha semana despois do Descenso do Miño de Lugo, está prevista para o 24 de xuño
Jesús Rodríguez León, nun K-2 senior do Fluvial Barco durante unha competición./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Os padexeiros do Fluvial Barco terán unha nova cita co Miño, tras os bos resultados acadados a pasada fin de semana na proba lucense, pero desta volta será en Ourense. Acudirán á a cuadraxésimo novena edición do Descenso do Río Miño, unha proba puntuable para a liga galegas de piragüismo. Está previsto que nela se reunan 500 padexeiros duns 40 clubs de España e Portugal o vindeiro 24 de xuño.

A regata, que se presentaba na mañá do 14 de xuño no Concello de Ourense, desenvolverase entre os 17’5 quilómetros que separan Os Peares do encoro de Velle. Paralelamente, terá lugar a segunda edición do Descenso Popular desde Barra de Miño.

Así as augas do río Miño acollerán, ao longo do día o descenso federado e o afeccionado, no que haberá probas de iniciación ao piragüismo para menores (10/17 anos) e descenso do río para maiores de idade. O prazo para anotarse remata o 18 de marzo a través das páxinas do Consello Municipal de Deporte e de Championchip.

O alcalde, acompañado do concelleiro de Deportes, Mario Guede, e dos representantes da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e da Escola Municipal de Piragüismo, José Luís González ‘Chelis’, animou a todos os ourensáns para que, “coincidindo co inicio das festas patronais de Ourense, participamos nestas dúas probas deportivas que nos obrigarán a mirar cara ao río Miño dunha forma diferente”.

No estritamente deportivo, o maior reto será o de rebaixar o récord do ano pasado de 1 hora e tres minutos e cubrir a distancia total na categoría senior, proba cuxa saída está prevista para as 17:30 horas.

 

Cartel do Descenso do Miño de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button