EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Citas enoturísticas coa vendima en Valdeorras e na Ribeira Sacra

A empresa valdeorresa Enoturismo Galicia propón dúas experiencias que achegan aos turistas a esta actividade agraria
Participantes nunha das actividades de vendima organizada anteriormente por Enoturismo Galicia.
Participantes nunha das actividades de vendima organizada anteriormente por Enoturismo Galicia.

Chega o tempo de vendima e con el a posibilidades de desfrutar enoturisticamente desta experiencia. Un ano máis a empresa valdeorresa Enoturismo Galicia propón diversas actividades pensadas para os afeccionados á cultura do viño. Trátase de “Vendima e crea a túa experiencia persoal” e “Mergúllate na vendima”, que se desenvolverán nas denominacións de orixe Valdeorras e Ribeira Sacra.

O programa das actividades concluirá na adega, cunha serie de catas.
O programa das actividades concluirá na adega, cunha serie de catas.

En ambos casos próponse unha xornada de vendima participando “de todo o proceso que segue a uva: recolección, a elaboración do mosto, etc”, explican dende esta empresa. Asemade darase un “paseo polos viñedos a medida que imos escoitando as explicacións sobre as partes da vide, a forma das follas, variedades de uvas, a importancia do solo”. O programa complétase cunha parte final en adega, onde se lle explicará aos participantes o proceso de elaboración do viño e se lles ofrecerá unha cata de uvas, mostos e viños, descubrendo os distintos aromas, sabores e texturas que vai amosando a uva”.

Para ampliar información ou consultar o prezos desta actividades pode visitarse a páxina:
http://www.enoturismogalicia.es

Artigos relacionados

Back to top button