PolíticaÚltima hora

Ciudadanos presenta a súa candidatura pola provincia de Ourense ao 12X

O acto contaba coa asistencia da candidata á presidencia da Xunta por esta formación, Beatriz Pino

A

s escaleiras de Santa María Nai na cidade de Ourense eran o lugar escollido por Ciudadanos para a presentación da súa candidatura pola provincia ás vindeiras eleccións do 12X, que encabeza José Araújo. “Ourense sufre un abandono sistemático por parte da Xunta e desde Cs imos darlle unha solución”. Así o aseguraba a candidata desta formación política á presidencia da Xunta de Galicia, Beatriz Pino, quen destacaba que non hai mellor persoa que José Araújo para “defender Ourense no Parlamento de Galicia”.

Pino incidía ademais en que ese abandono de Ourense ten o seu reflexo no envellecemento da súa poboación. “Esta provincia é unha das que máis sofre este envellecemento de Galicia. Un asunto no que hai que loitar, poñer o acento e aplicar políticas como as que levamos en Cs”. A candidata aludía tamén á baixa natalidade na provincia, que é outro dos asuntos que máis preocupa a Cs e apostaba por “fomentar as políticas de natalidade e axudar ás familias das zonas rurais. Ciudadanos ten un proxecto forte e real para Ourese e para toda Galicia”.

 

 

Tamén interviña no acto o candidato de Ciudadanos por Ourense, José Araújo, para quen estas eleccións afróntanse para “pelexar por unha opción diferente para esta provincia que sempre está gobernada polos mesmos e que non aportadaron absolutamente nada á nosa forma de vivir”.

Araújo asegurou que somos unha poboación cada vez máis envellecida e que cada vez ten menos recursos que van destinados a outros lugares. “O único que ofreceu a Xunta de Galicia nos últimos anos son panfletos, folletos, promesas incumpridas”.

Lista de Ciudadanos pola provincia de Ourense

Artigos relacionados

Back to top button
Close