CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Clase de pintura con Elisa Abalo no colexio Divina Pastora do Barco

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria do centro barquense asistiron a unha actividade coa pintora pontevedresa

Para os alumnos de primeiro e segundo de Primaria do colexio plurilingue Divina Pastora do Barco de Valdeorras, a clase de plástica do venres 13 de maio foi moi especial. Ata o centro barquense se desprazaba a pintora Elisa Abalo, que daba aos cativos unha clase teórica sobre técnicas de pintura que os cativos aproveitaban para facer todo tipo de preguntas. Despois da charla, chegaba a parte práctica na que os pequenos, pincel en man, pintaban sobre un lenzo pegado á parede e por turnos, os seus propios debuxos a partir de catro cadros (dous de Peteiro e outros dous de Sorolla. Unha actividade coordinada polo departamento de plástica.

De formación autodidacta, Elisa Abalo, natural de Lantaño, Portas (Pontevedra) inicia a súa andadura profesional na década dos setenta integrándose paulatinamente no mundo da creación plástica. Tal como ela mesa explica o seu é un estilo realista “tirando a expresionista” e pinta basicamente ao óleo aínda que tamén aplica outras técnicas. Ata O Barco de Valdeorras trouxo un cadro de temática infantil, unha das súas preferidas, de feito ten montada no espazo de arte de El Correo, unha exposición titulada “Infancia”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button