Claudia González e Mauro Docampo, os únicos ourensáns na Mostra Musical do Eixo Atlántico

Acudían representando ao Concello do Barco neste certame internacional que se celebraba os días 5 e 6 de maio en Vila Real (Portugal)

A VI Mostra Musical del Eixo Atlántico, que se celebraba os días 5 e 6 de maio na localidade lusa de Vila Real, reunía a máis de 300 músicos chegados de 20 localidades diferentes. Entre eles estaban Claudia Gonzalez García (saxofón) e Mauro Docampo Gacio (gaita), que representaban ao Concello do Barco neste concurso internacional.

Claudia González interpretaba “Baguira” de Ferrer Ferrán e “Pequeña Czarda” de Pedro Iturralde, mentres que Mauro tocou “Capricho de Gaita” de Agustín Fernández e “Campo de Estrelas” de Ernesto Campos.

Estes dous alumnos do Conservatorio do Barco eran ademais os únicos representantes da provincia de Ourense neste concurso, onde tamén había intérpretes de Monforte de Lemos, Lalín, Santiago de Compostela, Riveira e Ferrol.

A fase de selección de finalistas concluía ás seis da tarde do sábado día 5. Nela facíanse corenta actuacións, que se desenvolvían entre o Teatro Municipal de Vila Real e o Conservatorio Rexional. Á fase final pasaba Claudia González, entre os tres finalistas da categoría C. Actuaba novamente o día 6 ás 9:50h. no Teatro Municipal.

Malia que ningún dos solistas barquenses conseguía un galardón nesta mostra, dende o Conservatorio destacábase a calidade das súas interpretacións e valorábase de maneira moi positiva a experiencia de participar neste certame internacional.

Fotos cedidas.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies