CulturaCultura

Clausura de “Escolas Abertas”

No acto, celebrado en Lugo, participou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, entre outras autoridades
Acto da clausura do programa "Escolas Abertas", en Lugo.
Acto da clausura do programa “Escolas Abertas”, en Lugo.

Neste ano 2014 un total de 90 alumnos e alumnas se teñen beneficiado do programa “Escolas Abertas”, que se clausuraba na mañá do 31 de xullo en Lugo. Esta iniciativa pretende espallar a cultura, modo de vida e actualidade de Galicia por todo o mundo a través da convivencia e estadía de persoas que transmitirán a súa experiencia propia a moitos outros nos seus lugares de orixe ou residencia habitual, mediante o efecto multiplicador dos cursos formativos. Desta maneira, a Galicia actual dáse a coñecer da maneira máis efectiva e afectiva.

Do total de alumnos participantes, 75 procedían de Iberoamérica, 7 doutros países europeos distintos de España, e 8 doutras comunidades autónomas españolas distintas de Galicia. Os cursos da edición deste ano consistiron en obradoiros de especialización de gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego.

No acto de clausura deste programa participaba o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, entre outras autoridades. Na súa intervención gabou o fornecemento da Galeguidade universal que están a levar a cabo moitos centros e casas de Galicia mediante a posta ao día e ampliación da súa carteira de servizos. “Unha posta o día que sería imposible sen o labor pedagóxico actualizado voso, dos alumnos de Escolas Abertas, e dos alumnos dos vosos alumnos, que garanten o relevo xeracional nesas comunidades”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close