ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Clausura do obradoiro “O Barco, Carballeda e Rubiá embelecen”

O acto contaba coa presenza dos alcaldes destes tres concellos e do director xeral de Orientación e Promoción Laboral

“Apostar pola formación e a aprendizaxe é apostar pola creación de empregos estables e de calidade”. Dicíao o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, o 18 de marzo no Barco no acto de clausura do Obradoiro “O Barco, Carballeda e Rubiá embelecen”, no que estivo acompañado polos alcaldes destes tres concellos valdeorreses, Alfredo García, María Carmen González e Elías Rodríguez, respectivamente.

Neste programa participaban 20 desempregados das tres localidades e recibían formación nas especialidades de albanelería, forxa e carpintería, obtendo un certificado de profesionalidade con validez en todo o territorio nacional en traballos de carpintería e moble, operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e ferrallista. Os alumnos accederon tamén a un emprego, realizando diversas melloras en diferentes espazos dos tres municipios.

Marnotes tamén apuntaba no acto que estes programas, ademais de promover a formación e o acceso a un emprego, fomentan a colaboración institucional, xa que se realizan en coordinación coas Administracións locais.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button