EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Clausúrase na Veiga o obradoiro de emprego “Concellos Rurais de Valdeorras II”

Unha vintena de alumnos participaron no curso que durou nove meses

Despois de nove meses, o obradoiro de emprego “Concellos Rurais de Valdeorras II”, na especialidade de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes chegaba ao seu fin, cun acto de clausura celebrado na mañá do 6 de setembro na Sala de Conferencias do Toural, na Veiga.

Ao acto acudiu o xefe territorial da Consellería de Industria, Traballo e Benestar, Santiago Álvarez, así como os alcaldes dos concellos participantes: Juan Anta da Veiga; Manuel Corzo do Bolo; Joaquín Prieto de Larouco; Mari Carmen González de Carballeda de Valdeorras e Ricardo Soto, ADL do Concello de Rubiá.

Antes da clausura, na que se anunciou a concesión, cos mesmos concellos participantes, dun novo obradoiro de emprego para o ano 2018/2019, cada representante entregou os diplomas acadados nos diferentes ciclos formativos aos 20 alumnos así como o Certificado de profesionalidade, que lles abre as portas ao mundo laboral na categoría de peón forestal.

Entre as obras realizadas neste tempo están o acondicionamento da praia fluvial dos Franceses, na Veiga; o adoquinado da praza de Fornelos, no Bolo; a mellora da contorna das piscinas e zonas verdes, en Larouco; a mellora ambiental das marxes do río Sil o seu paso por Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras; e a mellora das piscinas e limpeza da Vía Nova, en Rubiá.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button