DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Clausúrase o IV Campus de Voleibol Ribeira Sacra celebrado en Monforte

Participaron 61 xogadores (nenas e nenos) de entre 7 e 16 anos

 

Despois de catro intensos días de adestramentos e xogo, o IV Campus de Voleibol Ribeira Sacra baixaba o pano na mañá do 23 de agosto, coa entrega de medallas e camisetas conmemorativas a cargo do concelleiro de Deportes de Monforte, José Manuel Mougán, e da presidenta do CV Ribeiera Sacra, Yolanda Maciñeiras.

O campamento deportivo celebrouse no pavillón das Pinguelas de Monforte de Lemos e asistiron un total de 61 xogadores (nenas e nenos) de entre 7 e 16 anos. No apartado técnico contou cun equipo de adestradoras internacionais e do propio club, coordinados por Manolo Martínez, entre as que destacan a actual adestradora de categorías inferiores do Ribeira Sacra Yoraxi Meleán e a xogadora internacional Carolina Camino. Completaron o plantel de monitores Rebeca Krusse, tamén internacional; Oriol Aira; e Noelia López.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button