ConcellosÚltima hora

Clausúrase o obradoiro de emprego “Caldelas III”, tras nove meses de formación

Esta acción formativa foi promovida polos concellos de Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Montederramo, San Xoán de Río e A Teixeira e financiada pola Xunta
Asistentes ao acto de clausura deste obradoiro, en Castro Caldelas.

Na mañá do 18 de setembro entregábanse os diplomas aos 20 alumnos que se formaron ao longo de nove meses no obradoiro de emprego “Caldelas III”, que promoven os concellos de Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Montederramo, San Xoán de Río e A Teixeira. Nesta acción formativa a Xunta investiu 280.000 euros e nela ofreceuse formación teórica e práctica nas especialidades de promoción turística local e información ao visitante e xardinería e restauración da paisaxe.

O acto de clausura deste obradoiro tiña lugar no concello de Castro Caldelas. O alumnado que se formou e traballou neste taller realizou labores de promoción turística e xardinería nos concellos participantes. Entre outras actuacións limparon, rozaron e sinalizaron os camiños para a creación dunha ruta circular de sendeirismo duns 108 quilómetros que une os cinco municipios.

Artigos relacionados

Back to top button