ConcellosÚltima hora

Clausúrase o obradoiro de emprego do Barco, A Rúa, Vilamartín e Petín

O salón de actos do edificio multiusos do Barco acollía na mañá do 2 de xullo o acto de clausura do obradoiro de emprego que se viña desenvolvendo nos últimos meses nos concellos valdeorreses do Barco, Vilamartín, A Rúa e Petín.

A clausura contaba coa presenza dos alcaldes dos catro concellos participantes e tamén do responsable territorial de Emprego de la Xunta en Ourense, Santiago Álvarez. Neste curso formábase unha ducia de persoas, que neste acto final recibían os seus diplomas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button