EconomíaEconomíaÚltima hora

Clausúrase o obradoiro de emprego dos municipios de Pantón, Sober e O Saviñao

Participaron unha vintena de persoas durante os últimos nove meses

 

Durante o acto.

 

No día de hoxe, 13 de agosto, clausurouse o obradoiro de emprego Baliño II, onde unha vintena de persoas dos concellos de Pantón, Sober e O Saviñao, participaron durante os últimos nove meses.

No acto de entrega dos diplomas aos participantes do obradoiro, participaron, entre outros, os alcaldes dos municipios: José Luís Álvarez, de Pantón; Luís Fernández Guitián, de Sober; e Carlos Armesto, de O Saviñao. Ademais, tamén estivo presente a secretaria territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro.

O obxectivo deste obradoiro foi o de “mellorar a empregabilidade dos participantes coa adquisición de habilidades teóricas e prácticas en áreas con boas perspectivas de integración no mercado de traballo”. Algúns dos alumnos realizaron traballos de coidado a persoas maiores nunha residencia a os outros construíndo elementos de madeira nos distintos concellos.

Artigos relacionados

Back to top button