OurenseÚltima hora

Clausúrase o Obradoiro “Terra de Mosteiros 2021” en Paderne de Allariz

O delegado territorial destacou que este programa, no que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste 366.446 euros, formou a 20 alumnos - traballadores nos módulos de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (10) e revestimentos con pastas e morteros en construción (10)

 

“Un traballo feito para a veciñanza”. Con esta frase se refería esta mañá en Paderne de Allariz o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, ao labor do obradoiro de emprego Terra de Mosteiros 2021, que se clausuraba hoxe. O acto tiña lugar tras supervisar as actuacións desenvolvidas polos alumnos acompañado dos alcaldes da Mancomunidade.

Este Obradoiro, no que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade investiu 366.446 euros, formou a 20 alumnos – traballadores nos módulos de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (10) e revestimentos con pastas e morteros en construción (10).

O delegado territorial destacou que a formación que se impartiu nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación. O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque agora dispoñedes dunha formación que vos faculta profesionalmente e seravos máis doado atopar un emprego”.

Gabriel Alén sinalou que é meta dos obradoiros duais de emprego o incremento das oportunidades laborais dos galegos e galegas. Teñen unha tripla dimensión: mellorar a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade da man dos expertos que a imparten; desenvolver actuacións de mellora en espazos públicos, así como a prestación de servizos de interese xeral e social; ademais de colaborar coas entidades locais galegas para incrementar o emprego nos concellos.

O representante do Goberno galego subliñou que a Xunta de Galicia financia 27 obradoiros duais de emprego, un 69% máis que a convocatoria anterior (16), que se desenvolven en 81 municipios da provincia de Ourense, un 88% do total de concellos da provincia e un 59% máis de beneficiados co ano anterior (51) e supoñen a contratación de 532 persoas, un 70% máis, entre alumnos-traballadores, persoal de dirección, administración e monitores ca edición 21/22 (313), aos que destina 9.394.152,80 euros; un 74% de incremento (5,4M de euros).

Actuacións

No Concello de Esgos os participantes desenvolveron tarefas de acondicionamento do lavadoiro de Meiroás; acondicionamento da Aira das Pallozas e muro perimetral existente no conxunto das pallozas; tratamentos silvícolas no enlace entre o Monte Litoria e o Camiño Natural da Ribeira Sacra.

No Concello de Nogueira de Ramuín realizaron actuacións de mantemento da ruta sendeirismo Maquiño Largaño; tratamentos silvícolas sobre redes secundarias e terciarias de xestión da biomasa forestal ; acondicionamento do entorno dunha fonte en Cerreda Corgo da Fonte e de acondicionamento do conxunto de elementos dunha fonte en A Tellada.

En Paderne de Allariz desenvolveron tarefas de adecentamento da Aira de Caxamonde Obras para a conservación do Forno de Caxamonde ;tratamentos silvícolas na area recreativa de Caxamonde ; limpeza do entorno dun lavadoiro no lugar de Caxamonde; tratamentos silvícolas na area recreativa do Pazo ; recuperación das beirarrúas no lugar A Beirada; limpeza das inmediacións dunha fonte e un tanque ubicados na Beirada; limpeza do entorno do lavadoiro en Ousende; limpeza do entorno dunha fonte en Ousende ; limpezas de mantemento da area recreativa do Moredo; recuperación dun noiro na Costa; tratamentos silvícolas no Lugar de Outeiros; mantemento das estruturas de drenaxe das augas de escorrentía nas pistas forestais do entorno de Cantoña; mantemento das taxeas abertas e vados empedrados na pista forestal en Cantoña ; limpeza e adecentamento das beirarrúa na OU101-OU102-OU0102.

No concello de Parada de Sil realizaron actuación de adecentamento do entorno da nave da castaña; pavimentado dun camiño no Lugar de Guendon; acondicionamento de seis fontes e lavadoiros en San Lorenzo, Fondevila, Sardela 1, Sardela 2 , Campo da feira, Parada e O Porto; tratamentos silvícolas en Cabezoá, Trabancas, Requian, Paradellas, Teimende e Os fios.

No concello de Pereiro de Aguiar leváronse acabo actuacións no lavadoiro; no alpendre de Chaodarcas de Arriba; mantemento das sendas Cortiñas- Cruceiro de Vales , Pereiro- O Vilar e Urb. Monterrei- Lamela.

No concello de San Cibrao das Viñas limpeza de mantemento na area recreativa do Corgo e asentamento duns muros, limpeza de canles e muíños na Area recreativa da Boutureira

No concello de Xunqueira de Ambía realizaron labores de acondicionamento dos Lavadoiros: Casasoá Bobadela Busteliño Salgueiros Vilanova e tratamentos silvícolas en diferentes zona do Concello (Abeleda, Vilanova, Cima de Vila, Sobradelo, Traseira do Antigo Cuartel da Garda Civil, Velorio de Xunqueira de Ambía, O Palacio).

No concello de Xunqueira de Espadañedo acometeron actuacións de acondicionamento de lavadoiros en Eirexa, O Campo, Ramil Pequeno, Abelleira, Praza da fonte e Obellariz así como tratamentos silvícolas sobre redes secundarias e terciarias de xestión da biomasa forestal

Artigos relacionados

Back to top button