DeportesÚltima hora

Clausúrase o XIV Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo

No día de onte, venres 7 de agosto, clausurábase a 14ª edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo no campo Luis Bodegas, clausura na que que fixeron entrega de diplomas e agasallos a todos/as os/as participantes. Esta actividade contou coa presenza da 1ª tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e o concelleiro de Servizos, José Luis Losada.

 

 

Este campus, xa consolidado dentro do calendario de actividades deportivas de verán que organiza anualmente o Concello de Monforte, deu comezo o pasado 3 de agosto e contou coa participación dun total de 54 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos.

 

 

Esta edición do Campus do Celta, e con motivo da crise sanitaria do Covid-19, desenvolveuse con menos prazas do habitual e cun protocolo especificamente deseñado para a prevención, o que fixo que o Campus se celebrara con total normalidade e seguridade.

Artigos relacionados

Back to top button
Close