DeportesÚltima hora

O Club Balonmán Pabellón Ourense presenta un novo adestrador na súa familia

Félix Mojón foi o adestrador do Handbol Club Eivissa no 2003 e ten un longo percorrdio no mesmo posto en diferentes clubes galegos
Foto de grupo de todo o equipo. // Carlos Asensio.

O Club Balonmán Pabellón Ourense presentou hoxe, 14 de setembro, aos equipos que representan ao club nesta temporada en Autonómica, os cales van ser coñecidos como Nova Xestión Pabellón.

Nesta presentación tamén aproveitaron para presentar ao adestrador sénior Félix Mojón, moi recoñecido no balonmán galego pola súa extensa traxectoria na nosa comunidade e a presentación dos equipos.

Félix chega de Ibiza, onde adestrou estes últimos cinco anos ao Handbol Club Eivissa, concretamente ao equipo de Primeira Nacional dende 2003.

En Galicia foi adestrador do Academia Octavio, Do Viña Costeira, do Lalín e do Teucro, facéndose cargo das seleccións galegas, conseguindo no 2008 un subcampionato de España coa Infantil Masculina, no 2009 outro subcampionato de España coa cadete masculina e un sexto posto en 2010 coa Xuvenil masculina.

O obxectivo claro deste ano, será si é posible, obter mellores resultados que os acadados a temporada anterior, e que se están a ver reflectidos, coas convocatorias das seleccións galegas, onde cada vez son máis os representantes deste club, que están incluídos nas preseleccións.

Despois de varios anos de ausencia, nesta temporada tamén terán representación feminina no equipo xuvenil, un equipo esperanzador, que van pelexar polo ascenso a división de honra.

Artigos relacionados

Back to top button