CulturaCulturaÚltima hora

Club da lectura de Verín, sete anos compartindo literatura

Esta iniciativa, que actualmente conta con dez membros, aposta polo fomento da lectura da man da participación e interacción dos lectores
Unha das reunións do Club de Lectura da Biblioteca de Verín./ Foto: Concello de Verín.
Unha das reunións do Club de Lectura da Biblioteca de Verín./ Foto: Concello de Verín.

Co libro seleccionado para esta semana, “La analfabeta que era un genio de los números” do escritor sueco Jonas Jonnason, o Club de lectura da Biblioteca Municipal de Verín celebra o seu sétimo aniversario. Sete anos de traxectoria cunha alta participación, e mesmo con lectores de diferentes nacionalidades, cun obxectivo principal: “o fomento da lectura xunto coa participación e interacción dos/as lectores/as asíduos/as. Esta actividade constitúe un estímulo a lectura onde se compartirán, en xuntanzas, varias veces ao mes, as vivencias sentidas coa comprensión ao ler un mesmo libro todos/as os/as participantes”, segundo se destaca dende o Concello de Verín.

Este club vén de cumprir sete anos. /Foto: Concello de Verín.
Este club vén de cumprir sete anos. /Foto: Concello de Verín.

Na actualidade este club, dirixido dende os seus inicios pola bibliotecaria Aurora Prieto, conta con dez participantes que manteñen un ciclo estable de dúas reunións por mes. Asisten de maneira fiel e activa en todas as reunións. Ademais esta iniciativa está enmarcada no programa de apertura de centros educativos fora do horario lectivo, e coa colaboración da Fundación de Caja Rural. O prazo de inscrición do club ábrese cada ano do 19 ao 31 outubro, cun máximo de 10 usuarios/as, socios/as da Biblioteca Pública Municipal e maiores de idade.

Artigos relacionados

Back to top button