CulturaCulturaÚltima hora

O “Club de Lectura… e café” de Trives reconvírtese nun “Club de Mus”

As clases para aprender este xogo comezaban o 7 de setembro e continuarán ao longo do outono
Participantes do “Club de lectura… e café” de Trives, durante unha das súas reunións en agosto./ Foto: Concello de Trives.

Nós últimos días de agosto concluía unha novidosa actividade que o Concello de Trives poñía en marcha neste verán. Tratábase do “Club de Lectura… e café”. Nel participaban 15 persoas que quedaban encantadas coa experiencia. E tanto é así que agora, ás portas do outono, pretenden darlle continuidade con novas xuntanzas, pero doutro tipo.

Así o grupo vén de reconvertir o devantido club de lectura nun “Club de Mus”. A actividade será organizada dende a Biblioteca Municipal de A Pobra de Trives. Deste xeito, durante os martes e xoves do outono, de 11:30h a 13h, terán clases para aprender a xogar ao mus, “un xogo de habilidades, observación, intuición e lóxica”, segundo indican dende o Concello de Trives.

O club comezou na mañá de onte, xoves 7 de setembro, coas súas aprendizaxes. As persoas interesadas, para anotarse e ter máis información sobre a actividade poden dirixirse á Biblioteca Municipal (988 33 09 67)

Artigos relacionados

Back to top button