DeportesÚltima hora

O Club Montaña Trives asina un convenio coa Estación de Manzaneda

Neste acordo contémplase que os socios da entidade “se beneficien de diversas vantaxes, entre as que se encontran descontos na adquisición do pase anual para uso dos remontes na tempada de esquí”
Luis Araújo, representante do Club Montaña Trives, e o director de Oca Manzaneda, Gustavo Sanmartín./ Cedida.

O director da Estación Montaña Oca Manzaneda, Gustavo Sanmartín, vén de asinar un convenio de colaboración con Luis Araújo, directivo do Club Montaña Trives. Neste acordo contémplase que os socios desta entidade “se beneficien de diversas vantaxes, entre as que se encontran descontos na adquisición do pase anual para uso dos remontes durante a tempada de esquí, incluíndo o uso da piscina climatizada, así como paquetes especiais para o disfrute das instalacións de SPA, jacuzzi e piscina, e dereito a acceso ao novo ximnasio coa súa zona de máquinas para completar a actividade física”, segundo se informa dende este complexo.

Ademais entre Nova Oca Manzaneda e o Club Montaña Trives acordábase un desconto especial no aluguer de material deportivo aos socios en activo para que participen nas actividades que organice a entidade. Por último, en todas as actividades que realicen na Estación gozarán de prezos especiais, tanto en aloxamento como en restauración.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close