DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Club Peña Trevinca Barco remata a tempada de orientación a pé no podio

O equipo xuvenil proclamouse campión trala proba disputada no mapa da Torre de Hércules (A Coruña)

Cunha espectacular proba no mapa da Torre de Hércules (A Coruña) do campionato galego de relevos, remataba o 9 de decembro a tempada 2017 de orientación a pé. Unha proba na que o Club Peña Trevinca Barco lograba subir a dous dos seus equipos ao alto do podio.

En categoría infantil o equipo formado por Gabriel Vázquez Martínez, Esther Agudo Calvelo e Iago Trigo Vázquez, lograban un meritorio segundo posto e en xuvenil Milagros Aller Pfirter, Eros Álvarez Dacosta e Raul Nogueira Gómez, lograban o terceiro.

Tamén na clasificación xeral do campionato galego de orientación a pé o Peña Trevinca O Barco subía en numerosas ocasións ao podio nas diferentes categorías, especialmente nas de formación, demostrando que “o traballo ben feito e prolongado no tempo acaba dando os seus froitos”, aseguran satisfeitos dende O Barco. Esther Agudo Calvelo foi segunda en F14; Cristina Neta Pérez terceira en F14; Alba Osorio Míguez segunda en F1; Juan Pablo Agudo Calvelo terceiro en M12; e Lisardo Vázquez Fernández segundo en M21B. Ademais o equipo xuvenil recibiu o premio de campión da tempada.

A nova tempada 2018 comezará a principios de febreiro coa pruoba organizada polo Club Peña Trevinca O Barco en Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button