OurenseÚltima hora

O Club Voleibol San Martiño e o Club Voleibol Ourense enfrontaranse no Torneo de Nadal

O partido celebrarase mañá a partires das 11h. no pavillón dos Remedios
Presentación do Torneo de Nadal de voleibol en Ourense.

Os equipos sénior do Club Voleibol San Martiño e do Club Voleibol Ourense (Hemisferios Ribeira Sacra) enfrontaranse mañá mércores 3 de decembro, no Torneo de Nadal, unha xornada matinal que “servirá para a promoción do voleibol na nosa cidade”, tal como explicaron na presentación do evento que contou coa asistencia co concelleiro de Deporte do Concello de Ourense Mario Guede, e dos adestradores de ámbolos dous equipos, Mateo Fernández e Gabriel Rivera. Os tres destacaron a importancia da colaboración dos clubs ourensáns de voleibol que se plasmará “na organización de eventos de promoción deste deporte nos vindeiros meses”.

A actividade, organizada polo Consello Municipal de Deportes e o CV San Martiño celebrarase no pavillón anexo dos Remedios a partires das 11 horas e pretende reunir ademais a xogadoras de ambas canteiras para que “poidan desfrutar dunha xornada de irmanamento entre ambos clubs e disputar partidos simultáneos”.

Artigos relacionados

Back to top button