DeportesÚltima hora

O Club Voleibol San Martiño (Dompa Ourense) representa a Galicia na Copa de España

O equipo ourensán competiu en Guadalaxara na categoría xuvenil feminina
As xogadoras do Dompa Ourense e as do equipo inglés Richmond Volleybol.

Como vén sendo tradicional o Club Voleibol San Martiño participou durante 4 intensos días, no torneo “máis popular das categorías inferiores do voleibol nacional”, a Copa de España que a Federación Española organiza en Guadalaxara, nesta ocasión na categoría xuvenil feminina.

Así, o Dompa Volei Ourense, representou un ano máis a Galicia no campeonato, codeándose cos clubes que aspiran a todo no resto de comunidades: Feel Voley Alcobendas, CV Barça, RGC Covadonga e CV Bregador de Canarias, entre otros.

Tal como explican dende o club ourensán, o torneo divídese en dúas fases: unha previa de grupos outra de clasificación. Na primeira, o Dompa Ourense encontrouse cun sorteo complicado quedando encadrado no grupo E con VP Madrid, Sant Cugate CV Valencia, “contando os 2 primeiros con equipos que militan na Superliga Española”. Con todo e a expensas do que sucedese na segunda fase, “as ourensás deixáronse a pel na pista e nos esixentes partidos, acabando no terceiro lugar para loitar polos postos de honra na clasificación final”. Para as ourensás, destacou entre outros “o encontro disputado contra o equipo inglés convidado a esta edición da Copa, o Richmond Volleyball.

Na última xornada na que se definían os postos, o Dompa Ourense lograba “unha meritoria 24ª posición, premio a un equipo moi xove e a un grande esforzo en datas navideñas”, aseguran dende o club, adiantando que tralo parón ligueiro, toca voltar ao traballo diario con todas as categorías que loitarán nas fases de ascenso das ligas autonómicas.

Artigos relacionados

Back to top button