Deportes

Seis medallas para o Adas no galego absoluto de atletismo

O club barquense sumaba dous ouros, dúas pratas e dous bronces para rematar a tempada estival

 

Un total de seis medallas colleitaba o Club Adas do Barco no Campionato de Galicia absoluto que se desenvolvía ao longo do domingo 18 de xullo en Balaídos (Vigo). Os metais viñan da man de Lola Bouza, que se facía co ouro en pértiga con 3,60; de Nerea Fernández, bronce tamén en pértega con 3,10; mentres que Ana García era ouro nos 3.000 m obstáculos con 11’03”; e Belen García facíase coa plata nos 400 mv con 1’02″35.

Ademais Tania Valverde era prata en triple con 12,01 e o valdeorrés Alejo Ares, que despois de varios meses sen competir, levábase a medalla de bronce nos 3000 obstáculos con 9’47.

“Foi unha excelente final de tempada estival para as nosas atletas nunha tempada dura e longa. Dous oros, dúas pratas e dous bronces é o balance do galego, o que nos coloca na terceira posición do medalleiro feminino e na sétima absoluta. Nisto tamén colaboraron os postos de finalistas de Marta Gómez e Tania Valverde na lonxitude, Aldara Basteiro en altura e Belen García nos 100 valos”, tal e como destacan dende o Club Adas.

Fotos: Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button