CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Co espectáculo “O Candil” reabre ao público o Teatro Lauro Olmo do Barco

A función está prevista para o vindeiro venres 18 de setembro ás 21h.

 

Música e teatro en clave feminina fusiónanse en “O Candil”, a primeira produción profesional da Escola Galega de Teatro Musical coa que se retoma a programación teatral no Barco. Así, despois duns sete meses de parón, volverán ás montaxes ao escenario do Teatro Lauro Olmo. Será o vindeiro venres 18 de setembro ás 21h.

“O Candil”, dirixido por Rosa Puga Davila e Sara Fandiño, é un musical que xira arredor do cancioneiro galego e conta a historia das mulleres galegas a través das canción dos comezos do século XX.  “Como espectáculo de cuplé, é unha comedia musical interactiva, sobre tres mulleres moi distintas, que buscan o propio ser ante un momento de confusión e cambio da mentalidade global”, segundo os seus promotores.

Esta montaxe está interpretada por Tareixa Cambeiro (Marica _ Marica Chus Chus), Sara Fandiño (Elvira Andeira- A Lavandeira), Lucía Sá (Carmela – A Perricholi), ademais de Lucas López López – Lolito (pianista).

Artigos relacionados

Back to top button